Mondoñedo, 6 de agosto, 2021. O ciclo de concertos musicais a pé de rúa “Merlín Fest”, unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Mondoñedo que naceu o ano pasado co obxectivo de apoiar por unha banda ao sector musical que viron mermadas as súas actuacións, e por outra, para apoiar á hostelería local afectada pola pandemia. O programa de actuacións busca levar a música a distintos recunchos do casco histórico.
Compleméntase cos seráns de lecer, dos xoves e venres de verán, de xeito que Mondoñedo conta con programación cultural e de lecer de xoves a domingos no verán.
Para esta fin de semana:
Sábado 7 Agosto:
Concerto e “Forget La France” (Grupo Rock). Na praza do Concello, ás 22.30 horas.
Domingo 8 Agosto: Aperitivos Do Merlín
Concerto de Miquel Allué (Música Indie), na Praza da Catedral, ás 13 horas.