Site icon Crónica3.com A Mariña

Castiñeira denuncia “a pésima política de turismo e de protección do patrimonio” do bipartito de Foz

Foz, 3 de agosto de 2021. O voceiro do Grupo Municipal de Foz, Javier Castiñeira, denuncia “a pésima política de turismo e de protección do noso patrimonio” por parte do goberno local. O popular critica así o desleixo do Concello respecto deste asunto, sobre todo, indica, porque “estamos nun momento no que hai máis xente no pobo e débese evitar a zona urbana pola covid”.

Concretamente, Castiñeira refírese “a puntos de interese, que están totalmente abandonados”, e que constitúen un importante reclamo turístico nestas datas. É o caso do Castelo da Frouxeira ou dos Castros de Fazouro e de Lelle, explica o popular.

“As herbas invaden o aparcadoiro e a sinalización. Incluso o de Lelle está sen poñer en valor dende que se comprou”, manifesta Castiñeira, quen considera “inaceptable” que estas zonas estean se un mantemento mínimo.

“Suspenso absoluto”
“Xa pedimos no seu día que se conservasen e desbrozasen, pero está todo a monte. Non hai máis que ver, di, o Cenima, que por fora está cheo de humidades, dando unha imaxe lamentable”. É por este motivo polo que os populares de Foz conceden un “suspenso absoluto” ao bipartito que “non está a altura dun concello turístico como é o de Foz”, conclúe.

Exit mobile version