Os modelos de Educación Infantil e Primaria serán entregados directamente no CEIP Castro de Ouro para todos os nenos e nenas nel matriculados, ao igual que todo o alumnado do IES Alfoz-Valadouro.
Os estudantes de BAC e FP empadronados en Alfoz que desexen a súa axenda poden pasar polo Concello a recollela coma nos cursos anteriores.
Este ano, como novidade, hai un modelo máis de axenda coeducativa, pensada para os estudantes da Universidade, que ante a demanda do curso pasado por parte dos rapaces e rapazas que xa a tiveran en BAC e FP decidimos incluir un novo formato axeitado con horarios para os cuatrimestres e cunha duración de setembro a agosto. Poden recoller a súa axenda na Delegación de Igualdade do Concello.
Este curso están dedicadas a internet, mantendo os contidos habituais (libros, películas, webs, novas…)e os códigos Qr para facilitar o acceso e incluíndo novidades centradas no bo uso da rede, nas posibilidades que ofrece pero tamén no coñecemento e prevención de malos usos.
Deseñadas para as diferentes idades e etapas educativas e subvencionadas a través da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade, do Pacto de Estado Contra a Violencia e da Unión Europea.