O último estivo centrado na soldadura tig. Houbo unha parte teórica e outra práctica. Soldadura con electrodo, mig mag e tig foron os tres cursos programados por Apaga nas últimas semanas. O presidente da asociación, Álvaro Doural, amósase satisfeito coa acollida que teñen as actividades formativas de Apaga.