Desde Gaia explicaron que “utilizando un taboleiro de lona xigante con casiñas representadas por debuxos relacionadas co medio ambiente os participantes, divididos en dous grupos, tiveron que contestar preguntas con temática medioambiental e ir avanzando ou retrocedendo polas casiñas do xogo”.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “desta forma sinxela, amena e divertida tentamos sensibilizar e concienciar sobre a necesidade do coidado e respecto da contorna incidindo no fomento de boas prácticas baseadas no principio das 3 R (reducir, reciclar e reutilizar)”.