Burela, 19 de agosto de 2021. As monitoras do Centro Gaia levaron a cabo co alumando da Ocioteca unha actividade baseada nun xogo de preguntas titulado Mundo Limpo. Fixérono nun tramo do traxecto do sendeiro azul, nunha das áreas de descanso, entre as praias de O Portelo e A Marosa.
Desde Gaia explicaron que “utilizando un taboleiro de lona xigante con casiñas representadas por debuxos relacionadas co medio ambiente os participantes, divididos en dous grupos, tiveron que contestar preguntas con temática medioambiental e ir avanzando ou retrocedendo polas casiñas do xogo”.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “desta forma sinxela, amena e divertida tentamos sensibilizar e concienciar sobre a necesidade do coidado e respecto da contorna incidindo no fomento de boas prácticas baseadas no principio das 3 R (reducir, reciclar e reutilizar)”.