Site icon Crónica3.com A Mariña

As actividades ao aire libre do Centro de Educación Medioambiental Gaia estiveron este xoves centradas no peixe escorpión

Burela, 12 de agosto de 2021. Esta maña as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, acompañadas de Toñi Eijo, a concelleira de Medio Ambiente, levaron a cabo unha actividade na Praia de O Portelo titulada Coñeces o peixe escorpión?

A edil burelesa sinalou que “cos talleres de Gaia nas praias pretendemos fomentar as actividades o aire libre, que os rapaces disfruten do medio natural, o respecten e coiden. A actividade de hoxe centrouse no peixe escorpión, especie presente nos nosos areais que todos os veráns pica a usuarios das praias, sendo unha das incidencias máis comúns”.

E engadiu: “os nenos e as nenas visitaron o posto de socorrismo e coa axuda dos socorristas aprenderon as características deste peixe, as condicións que se teñen que dar para que nos pique e os remedios para aliviar a dor que provocan. Ademais fixeron un pequeno simulacro como se dunha picadura se tratase e así os rapaces viron de primeira man como se actúa ante situacións deste tipo”.

Exit mobile version