Site icon Crónica3.com A Mariña

“Apertura parcial da Illa Pancha”, pola Asoc. Por nuestro faro

Hai poucos días tivemos coñecemento da apertura parcial da Illa Pancha, dentro de un horario restrinxido, trala posta en marcha da nova terraza da cafetería cuxas obras foron aprobadas polo concello de Ribadeo en maio de 2020. As noticias, polo medio devandito son confusas e incompletas pero o que chama a atención nunha primeira impresión é o silencio do Sr. Alcalde, tendo en conta que a licenza de actividade dos apartamentos, aprobada o 1 de decembro de 2017 xa esixía a apertura ao público da porta de acceso. Tratándose, como se trataba, do incumprimento dunha disposición municipal, co impedimento sistemático do acceso para a veciñanza a un espazo de uso público, segundo a Lei de Costas, que menos que o concello informase aos veciños da nova situación e das condicións da mesma.

Pola nosa banda debemos suliñar que os artigos 27 e 31 da lei de Costas de 1988, non derogados nen reformados posteriormente, deixan meridianamente claros os dereitos dos veciños a “(…) pasear, estar, bañarse, navegar, embarcar y desembarcar, pescar (…)” na zona de tránsito de 6 metros da beira do mar, sen ningún tipo de restricións agás as que se se podan establecer regulamentariamente en casos específicos, pero nunca en función de intereses particulares. Véxase o seguinte informe dun especialista:

¿Qué es la servidumbre de tránsito?

La servidumbre de tránsito es una franja de 6 metros de anchura medidos desde la línea interior de la ribera del mar que forma parte de la servidumbre de protección, si bien en la misma las limitaciones son más estrictas.

En esta zona no está autorizada la construcción de ninguna instalación, y deberá dejarse permanente expedita para el uso público peatonal y para los vehículos de vigilancia y salvamento.

Esta materia se regula en el Título II de la Ley de Costas y Título II del Reglamento General de Costas

Polo tanto a nova situación é como se os concesionarios de locais e naves no porto de Porcillán pechasen a circulación peonil e rodada ás horas que a eles lles resultasen convenientes e o concello non tivese nada que dicir.

Pola outra banda a posta en marcha dunha nova actividade ven a referendar as denuncias do Defensor del Pueblo pola falla de Estudo de Impacto Ambiental – como mínimo simplificado – nunha zona protexida pola Rede Natura 2000. Neste senso lembraremos que o primeiro informe do Defensor, de 16 de febreiro de 2017, ratificado cinco veces ata o 10 de outubro de 2018, xa deixaba rotundamente claro que a avaliación ambiental non podía referirse unicamente ás “obras de reforma del antiguo edificio del faro”, como pretendía a Autoridade Portuaria, senón ao conxunto de actividades previstas no proxecto. Lembraremos tamén que a Asociación Veciñal “Por Nuestro Faro” presentou unha alegación á concesión da licenza concedida polo concello de Ribadeo para as obras da nova cafetería, alegando precisamente que non se tivera realizado ningunha avalación destas actividades pero o concello respostou que xa non era momento de realizar a devandita avaliación, dando a entender que eso era auga pasada.

En consecuencia o noso colectivo -agora Asociación veciñal- dirixirase de novo ao Defensor del Pueblo, á Consellería de Medio Ambiente (Paisaxes Catalogados de Galicia) e á Dirección General de Costas e presentará un novo escrito ao Concello de Ribadeo e mais á Autoridade Portuaria para clarexar os seguintes puntos:

1º Se a nova actividade iniciada na Illa Pancha ten licencia de apertura e se se axusta ás condicións do proxecto e da concesión, habida conta de que semellan cambios substanciais na illa (entarimado, barandillas, mamparas, mesas en distintos niveis, escaleiras, novos materiais, modificación na nivelación do terreo, etc).

2º Se o Concello e A. Portuaria teñen coñecemento e foron autorizados os horarios de apertura.

3º Se estes horarios concordan cas previsións dos artigos 27 e 31 da Lei de Costas, que esixen o acceso libre na zona de tránsito de seis metros sen limitación horaria.

4º Se a nova actividade esixe ou non a avaliación medioambiental simplificada que denunciaba o Defensor del Pueblo de acordo co artigo 7 de Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental.

5º Se as alteracións da paisaxe introducidas pola nova actividade son concordantes ca cualificación de Paisaxe Catalogado na que está incluída a Illa Pancha.

Agardaremos respostas e daremos conta dos resultados.

Exit mobile version