Site icon Crónica3.com A Mariña

Alex Díaz seguirá ofrecendo a súa calidade en Burela

Burela, 16 de agosto, 2021. O Pescados Rubén Burela FS volverá contar coa calidade e elegancia de Álex Diz para o proxecto de 2021-22. Para o ala lugués, de 26 anos, esta será a súa terceira campaña na Mariña.

“Espero que esta temporada sexa un pouco máis tranquila que as dúas anteriores, aínda que vai ser moi competitiva porque todos os rivais se reforzaron e teremos que traballar moito para acadar os obxectivos”, explicaba coa súa característica serenidade Álex Diz, vendo o vestiario que liderará Riquer como un “equipo ordenado, competitivo e moi traballador”.

O 22 laranxa será unha das dez garantías con denominación de orixe galega no bloque de Riquer, xunto Quintela, Pazos, Renato, Nito, Iago Míguez, Lucho e Pitero, aos que se suma o peche fonsagradino Isma, dende O Parrulo FS, e regreso de Porto, dende Santiago Futsal. O novo Pescados Rubén volverá dispoñer de Kaluza baixo paus e conta coas novidades do peche Wanderson, dende Osasuna Magna, e do ala Rikelme, procedente do brasileiro Juventude AG. “Espero que nos axuden a conseguir o obxectivo, porque o resto dos rivais tamén están tendo boas incorporacións. Pola nosa banda, tentaremos axudarlles a que se adapten o antes posible e amosen a súa mellor versión”, así falaba Álex, das contribucións dos novos compañeiros.

Exit mobile version