Viveiro, 5 de agosto de 2021. O pleno municipal do Concello de Viveiro, reunido onte, aprobou por unanimidade nomear a Adrián Ben Fillo Predilecto de Viveiro.
“A unanimidade non só é política, tamén de todos os veciños e veciñas, estamos moi orgullosos de Adrián, que sempre lembra as súas orixes”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
En palabras da alcaldesa, “tivemos en conta os éxitos deportivos, por suposto, pero sobre todo a súa forma de ser e os valores que transmite, un rapaz humilde e traballador que leva o nome de Viveiro por todo o mundo”.
O acto no que se nomeará a Adrián ben Fillo Predilecto celebrarase cando a axenda deportiva de Adrián Ben lle permita pasar uns días en Viveiro.