A Entrada é gratuita. Recoméndase acceder con tempo para tomar os datos e ocupar as sillas que se habilitarán seguindo as instruccións da Xunta para prevención da COVID-19. Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega.