Unha magnífica oportunidade para facer as últimas compras da época estival a grandes prezos en produtos da anterior tempada. Esta iniciativa ten dúas vertentes: por un lado, os usuarios dos establecementos de proximidade atoparán prezos irresistibles para mercar os artigos de fin de verán; e, polo outro, os comercios asociados teñen así a oportunidade de darlle saída aos produtos da anterior tempada para así poder traer e expoñer xa os da nova. Polo tanto, esta acción beneficia tanto aos comerciantes como aos visitantes e á veciñanza que pase esta fin de semana pola vila.
Logo deste ano marcado pola pandemia, na que os establecementos levan meses complexos en canto ás vendas, precisan de iniciativas que promovan e impulsen o comercio local como a Fin de Rebaixas de ACIA.
Os comercios de proximidade é un dos principais motores económicos da localidade, polo que apoialos é imprescindible. Esta campaña é a mellor escusa para aproveitar estes días soleados en Burela, no que moitas persoas aínda están de vacacións, mercando nas mellores tendas e consumindo na hostalería do municipio.