. O desenvolvemento do proceso necesario para licitar o uso do local situado no baixo da instalación.
. Reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños adaptándoos á normativa actual en canto accesibilidade e servizos.
A moción foi aprobada por maioría, manténdose na abstención o partido de María Loureiro quen asegurou que xa estaba a facer os trámites para que esta instalación en titularidade de Costas pase a ser de titularidade do Concello. Desde o BNG parécelles “curioso” afirma Míriam Bermúdez, “que fose pechado hai máis de 5 anos e que xusto agora que presentamos esta moción a alcaldía comunique que xa estaba a facer os trámites desta cesión”.
Miriam Bermúdez aproveitou a ocasión para solicitar os documentos dos trámites que se levan realizado en relación deste templete da música, mais a contestación de Loureiro baseouse en “a concelleira do BNG debe pensar que temos que darlle contas de todo o que se está a facer”, “as cousas ás veces axilízanse telefónicamente”. Contestación canto menos dudosa, máis cando está a falar dunha cesión e de trámites da administración pública onde o único método formal de proceder é o escrito.
Agardamos que se cumplan os acordos plenarios.