Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición fotográfica ‘Tecendo rede, tecendo recordos’ inugurouse en Burela, da man da Federación de Alzheimer de Galicia e AFAN Burela

Burela, 26 de agosto de 2021. A alcaldesa en funcións, Carmela López, e os concelleiros de Igualdade e Cultura, Noelia Mª Ben e José Díaz, asistiron esta mañá á inauguración da exposición Tecendo rede, tecendo recordos, que se pode visitar na Casa da Cultura de Burela ata o 31 de agosto en horario de 8 a 14 horas.

A mostra está organizada pola Federación de Alzheimer de Galicia (FAGAL) e AFAN Burela e conta coa colaboración do Concello burelés, a través da Delegación de Servizos Sociais.

A exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións de alzheimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

Exit mobile version