Dita instalación entrará en servizo esta mesma tarde e será empregada de xeito inmediato pola empresa concesionaria do transporte de pasaxeiros que opera nesta dársena lucense. Esta nova dotación contou cun investimento de preto de 20.000 euros e supón un reforzo da seguridade dos usuarios do servizo de pasaxe ademais de contribuír á correcta ordenación das actividades portuarias. A empresa de pasaxe que opera no porto de Viveiro realiza unha ruta de carácter turístico pola ría da localidade.