“Somos o concello con máis poboación da Mariña e o terceiro da provincia de Lugo, é importante desatascar cuestións vitales para Viveiro e vexo que o presidente da Xunta si mantén reunións con outros alcaldes da comarca”, explica María Loureiro.
Entre os asuntos de especial relevancia para este concello que se atopan pendentes de resolución por parte da Xunta de Galicia, están o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, ou o saneamento da ría.
Na axenda de temas pendentes está tamén a colaboración da Xunta co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a reconstrucción de Xunqueira, a conexión de Viveiro con Cabreiros, o Museo da Semana Santa ou a mellora, reorganización e humanización da fachada marítima de Viveiro.
“Son moitos os temas que afectan á vida diarias dos nosos veciños que necesitan unha maior colaboración entre as administracións local e autonómica, de aí a miña insistencia en reunirme co presidente da Xunta”, engade a alcaldesa de Viveiro.