A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez, Lastra fixo un balance moi positivo destas actividades: “non só por o bo funcionamento das actividades, dada a situación sanitaria na que vivimos, se non tamén polo valor socioeducativo das mesmas que permite incidir en tres aspectos moi beneficiosos como son a conciliación, o ocio responsable e a recuperación económica do sector do tempo libre, moi afectado pola covid-19”.
Álvarez Lastra dixo que “nestas datas tan complicadas e máis ca nunca, non queda máis que agradecer novamente, a participación das familias que ano tras ano animan aos seus fillos e fillas a disfrutar das actividades. Agradecer tamén a tod@s os profesionais que co seu traballo e dinamismo fixeron que a mocidade e os máis pequ@s disfrutaran duns días diferentes”.
A edil ribadense engadiu: “esperamos que todas estas experiencias formen a base do futuro da nosa mocidade.Todo o traballo que temos detrás vese reflectido e recompensado vendo as imaxes destes días”.