Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel Docal, gañador da Regata entre Pontes de Pontevedra en K2 co seu compañeiro Adolfo Monteagudo

Foz, 17 de xullo, 2021. Alongando o seu bo estado de forma do Campionato Galego de Pista celebrado a pasada fin de semana, este sábado na regata Entre Pontes que se realizou en Pontevedra cun percorrido de 8000m, proclamouse vencedor en K2 co seu compañeiro Adolfo Montegaudo.

A regata foi dominada de principio a fin pola embarcación do mariñán, que nas distintas fases da proba foi alixeirando ao grupo de cabeza con diversos tiróns ata os últimos 500m onde quedaron so dúas embarcacións na cabeza, e nun sprint longo conseguiron entrar en solitario na meta con 8 segundos de vantaxe.

Exit mobile version