Site icon Crónica3.com A Mariña

Un menor resulta ferido en Ribadeo tras ser atropelado polo tren turístico

Ribadeo, 5 de xullo, 2021. Dous nenos que circulaban coas súas bicicletas á altura de Faro de Pancha, en Ribadeo, foron alcanzados polo tren turístico e, un deles, resultou ferido.

Foi un particular quen, pasados uns minutos das seis desta tarde, chamou ao 112 Galicia para informar do atropelo e, a partir de aí, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tamén, os xestores de emerxencias solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, posto que, segundo o alertante, o menor podía estar atrapado. Sen embargo, no transcurso da chamada, confirmouse que o menor estaba totalmente liberado e accesible.

Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 Galicia o traslado do menor, polos servizos sanitarios, ao centro hospitalario de referencia.

Exit mobile version