Visitaron a vella escola do campo da Igrexa de Muimenta, un espazo cheo de lembranzas da nenez e de cultura popular. Sentaron nos pupitres observando a pizarra e pizarrillo, os cadros con pergaminos e mapas de España, os silabarios, enciclopedias e outros libros antigos. A continuación, entraron no museo etnográfico das zocas, onde observamos os nomes de todas as ferramentas utilizadas neste laborioso e recoñecido oficio. Sorprendeulles a fila de diversas madreñas e a conservación dun carro antigo. Tamén os paneis coas fotografías dos encontros anuais dos xogos tradicionais.