Os organizadores explican que esta actividade, denominada Burela Basket Pro, “reunirá a 38 xogadoras de baloncesto de 14 anos en diante para buscar a mellora técnico táctica das participantes. Este novo formato, no que traballarán conxuntamente xogadoras profesionais do Durán Maquinaria Ensino Lugo, de Liga Feminina Endesa, coas rapazas de mellor nivel de Galicia, terá como director técnico a Miguel Ángel Ortega, un dos nomes máis coñecidos no baloncesto español e novo adestrador do Ensino. Acompañarano un técnico británico e sete adestradores máis”.
O Burela Basket Pro está organizado polo Ensino Lugo, a Asociación Deportiva e cultural Drocer, o CB Burela, cunha máxima implicación do Concello de Burela e da Fundación Indecum. Está patrocinado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte e Xacobeo; e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.