Site icon Crónica3.com A Mariña

Sen avances na proposta do BNG para utilizar solares privados de Covas como aparcadoiros públicos

Viveiro, 3 de xullo, 2021. No pleno do 4 de marzo de 2020, aprobábase a moción do BNG na que se propoñían diferentes medidas para reducir a siniestralidade no vial LU-862 á altura de Covas cos seguintes acordos:

1. Que o Goberno Municipal reclame ao organismo competente á realización dun estudo da estrada LU-862 ao seu paso por Cantarrana e Covas (dende a rotonda do Ecchomo até a rotonda das Sirenas) no que se estabelezan as mellores medidas para reducir a cero a siniestralidade na mesma e a dotación orzamentaria necesaria para o seu desenvolvemento.

2. Que o Goberno Municipal inste á Consellería de Infraestruturas á execución do Plan de mellora da seguridade no vial LU-862 á altura de Covas anunciado no ano 2017, incluíndo ademais neste plan a modificación dos aparcadoiros para distribuílos en espiga na travesía de Covas e así os vehículos estacionados saian de fronte ao víal.

3. Que o goberno municipal poña en marcha un sistema de xestión de solares privados dispoñíbeis na zona de Covas para utilizalos como aparcadoiros públicos provisionais, a través do comodato ou préstamo de uso.

O 28 de setembro de 2020, 6 meses despois aproximadamente, a AXI daba cumplimento enviando ao concello proposta de proxecto trasladaba ao Concello de Viveiro no expediente 2705/2020, para a modificación dos aparcadoiros na travesía de Covas dacordo coa resolución plenaria de 4 de marzo de 2020, instando a modificación dos aparcadoiros na travesía de Covas para distribuílos en espiga co obxecto de que os vehículos estacionados saian de fronte ao vial, mellorando así a seguridade viaria. Esta Axencia procedeu a deseñar no espazo dispoñible os citados aparcamentos coa xeometría adecuada para lograr dita mellora. Así, os aparcadoiros haberán de ter un ancho de 2,5 metros e un ángulo de 45º, que é a xeometría técnicamente recomendable e a que se está a contemplar nos proxectos da Axencia Galega de Infraestruturas. Con estas características técnicas pódense dispoñer un total de 101 prazas en batería oblicua.

En data 29 de outubro de 2020, a alcaldía remite a resposta á AXI ao Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestuturas para que pospoña a nova sinalización dos estacionamentos da travesia de Cantarrana e Covas, mentres que este concello continua coas negociacións para poder suplir as prazas que quedarían eliminadas segundo o deseño remitido. Unhas 70 prazas de estacionamento.

Tendo en conta que pasaron 8 meses dende que a AXI trasladou a súa intención de acometer as obras no inmediato, mais a alcaldía parou a execución das mesmas e que as únicas noticias que temos son a través da prensa, rogamos se nos proporcione a seguinte información:

. Cales son as actuacións concretas que ten levado a cabo o equipo de goberno para a xestión de solares privados como aparcadoiros públicos a través de fórmulas como o comodato ou préstamos de uso, tal e como está aprobado no punto 3 da moción presentada polo BNG.

Exit mobile version