Esta semana hai 2 actividades socioculturais organizadas polo Concello: O mércores ás 10:30h aínda queda algunha praza para a xeoruta que guiará o Xeólogo Fran Canosa nas praias de Area Grande e Xilloi. A actividade é gratuíta e o punto de encontro é na praia de Area Grande ás 10:30h. Por outra parte, o sábado ás 22h, na explanada do antigo varadoiro, poderase desfrutar do espectáculo de Andrea Pousa: “Retorno”. Cumpriranse todas as medidas de aforo e distancia establecidas nas normativas da Xunta de Galicia. Esta actividade tamén é gratuíta