Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanidade realizará un cribado entre a poboación de 18 a 30 anos de Burela e Cervo

Lugo, 26 de xullo de 2021. A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte levará a cabo, nos próximos días, un cribado poboacional entre as persoas de 18 a 30 anos dos concellos de Lugo, Burela e Cervo. A convocatoria a estes cribados farase a través dun SMS.
Ao cribado de Lugo están convocadas 3.000 persoas, o mércores e o xoves, en horario de tarde, na Facultade de Veterinaria. En Burela, o cribado é maña, e os citados son 1.000 persoas en horario de mañá, de 9 a 14 horas, no pavillón Vista Alegre. Os chamados ao cribado de Cervo, tamén mañá martes, en horario de 16 a 18 horas, no pavillón municipal A Veiga (San Cibrao), son un total de 300 persoas.

A Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, fai un chamamento á mocidade destes concellos, convidándoa a participar neste cribado, pois a realización de probas diagnósticas permite conter a expansión do virus e, ademais, velar tanto pola nosa saúde, como pola dos nosos achegados.

A Dirección Xeral de Saúde Publica, xuntos coas Xefaturas Territoriais de Sanidade e as diferentes áreas sanitarias do sistema público galego continúan a traballar de forma colaborativa na organización de diferentes cribados poboacionais, coa intención de detectar posibles casos asintomáticos, ademais de previr da aparición de posibles novos gromos.

Exit mobile version