Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción no Concello de Ribadeo ao árbitro Javier Menéndez Nistal polo seu ascenso á primeira división de fútbol sala

Ribadeo, 31 de xullo de 2021. O salón de plenos do Concello acolleu a recepción ofrecida ao árbitro ribadense Javier Menéndez Nistal polo seu ascenso á primeira división de fútbol sala para a tempada 2021/2022. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico de Deportes, Iván López.

Na súa intervención o rexedor dixo: “temos a honra de recibir e darlle os parabéns a un árbitro. Para min o mundo dos árbitros é unha cousa curiosa porque para ser árbitro tes que saber as técnicas, estar en forma pero logo tamén tes que valer, porque todo o mundo apela ao árbitro, entón hai que valer. Si a iso unes que esta persoa que teño ao meu carón conseguiu chegar a ser árbitro de primeira división de fútbol sala a esta idade insultantemente tan nova pois é unha honra para el, para a súa familia e para Ribadeo. Entón desde o Concello de Ribadeo non quixemos deixar pasar esta oportunidade para facerlle este sinxelo recoñecemento, desde a Área de Deportes que leva o meu compañeiro Jorge, para el, representando a tenacidade, o esforzo, a capacidade e a indolencia de ser un árbitro. Estamos encantados de recibirte e de darche un pequeno obsequio”.

Javier Menéndez Nistal manifestou: “primero daros las gracias a todos los que estáis aquí, por supuesto a todos los del Concello, a Fernando, a Jorge y a Iván, gracias por este recibimiento y esta sorpresa, y a todos los que estáis aquí apoyándome como siempre. No tengo mucho que decir, solamente puedo daros las gracias a todos y decir que para mí es un orgullo llevar el nombre de Ribadeo por toda España, y sería un sueño poder llevarlo por todo el mundo, que es por lo que vamos a seguir trabajando”.

O árbitro ribadense, que estivo arroupado pola súa familia, recibiu coma agasallo un faro da Illa Pancha, creado pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.

Exit mobile version