Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de ‘Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo’ en Ribadeo

Ribadeo, 6 de xullo, 2021. A AVV O Tesón promove o Sábado 10, ás 20, en Ribadeo, na Casa natal do Viejo Pancho, a presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo, de Xosé Isidro Fernández Villalba.

Sobre o libro

Cunha introdución de Félix Villares, o libro recolle ó longo das súas 262 páxinas diversos momentos da historia de séculos pasados en varios lugares da Mariña, entre eles, Ribadeo, de onde se pode especificar o tratamento dos anos da guerra civil ou o naufraxio, a comezos do século XIX, dunha lancha na ría co resultado de varias deceas de mortos.

Sobre o autor

Xenealoxista, historiador e etnógrafo, Xosé Isidro Fernández Villalba non é primeirizo en relatarnos a historia, ben de xeito directo ben sinxelamente presentando información recollida por diversos medios. Como testemuña desta actividade, aí están os sete tomos de ‘Mondoñedo, regreso al pasado’, ou o tomo sobre ‘Ramón Salgado Toimil’ en canto a libros, ou unha lista longa de colaboracións en diversos medios como o artigo ‘Ribadeo, ano 1861, traida de augas da vila e construción de varias fontes’ publicado en Terra e tempo.

Sobre o acto

Intervirán, a máis do autor, Pancho Campos, presidente de O Tesón, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo e Antonio Gregorio, secretario de O Tesón, destacando diversos puntos do libro, do autor e da edición.

Exit mobile version