Riotorto, 20 de xullo de 2021. O Voceiro Socialista de Riotorto, José García denunciou hoxe que o Goberno do PP de Clemente Iglesias, “ten completamente abandonadas e sen rozar as pistas forestais e municipais do Concello”. Ademais tamen aludiu á ruta do Ferro, “un atractivo turístico máis da nosa vila que tamén esta desatendida”.
Así o dixo, tras as queixas que lle trasladaron as propias veciñas e veciños da vila, “quen criticaron esta lamentable situación”. Advirte ademais que “hai pistas da nosa vila que non se tocan dende o ano 2015”, e lembra que durante o último goberno progresista de Riotorto “realizaramos unha limpeza en 300 quilómetros de pistas do Concello a través dun Convenio”, remarcou.
García critica que a “día de hoxe moitas destas pistas están intransitables, o que dificulta o tránsito dos nosos gandeiros por estas vías así como o traslado ás súas explotacións agrícolas”. E insistiu “o Goberno do PP parece que está máis preocupado por saír nos medios de comunicación que por solventar os problemas da veciñanza”, remarcou.
“Dende aquí emprazamos ao Alcalde e a todo o seu Goberno do PP, a que se poñan a funda e se poñan e traballar por mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. A limpeza e o adecentamento das nosas pistas forestais e municipais teñen que ser unha prioridade si queremos traballar e vivir no rural dignamente”, resumiu.