“Recibimos a mellor das noticias, unha nova aposta no eido turístico do Goberno de Pedro Sánchez na Mariña Lucense. Este recoñecemento supón un apoio moi importante para a desenvolvemento turístico na nosa Comarca, e ao mesmo tempo reforza o apoio incuestionable ao traballo do seu presidente e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto”, remarca Otero.
“Este novo plan de turismo inclúe ademais un importante volume de recursos económicos, amosando así e de xeito decidido o apoio do goberno de Pedro Sánchez na promoción turística dos nosos concellos. O turismo é unha fonte de actividade económica e benestar para A Mariña, e agora deste xeito, recibe un apoio esencial para desenvolver plenamente o seu potencial durante os vindeiros anos”, sinala a Deputada.
“Agora comprobamos como o traballo e a dedicación teñen a súa recompensa e os Concellos da Mariña foron escoitados en Madrid. E gracias ao compromiso do Goberno de Pedro Sánchez o Plan de Sostibilidade Turística en Destinos da Mariña xa é unha realidade”, resumiu Patricia Otero.