Trátase dunha mostra de fotografía de diferentes autores internacionais que amosa a biodiversidade mariña “co obxectivo de concienciarnos de que todo o que coñecemos como vida non so procede dos océanos, senón que segue a depender deles. Con esta exposición o que se pretende é espertar o recoñecemento de que os océanos son berce de vida, manantial de manantiales, reguladores de todos os elementos básicos do clima, depuradora natural das contaminacións e abastecedores de alimento e incontables materias primas”, explican desde a organización.
O rexedor, Alfredo Llano, anima a visitar esta exposición “xa que é unha oportunidade de ver algo único”.