Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro acolle a primeira exposición itinerante do Proxecto Life in Common Land

O Valadouro, 27 de xullo, 2021. Entre o 28 de xullo e o 13 de agosto a Casa da Cultura do Valadouro acollerá a exposición itinerante do Proxecto Life in Common Land, unha iniciativa de carácter demostrativo e colaborativo centrado na conservación dos hábitats de turbeira e matorrais húmidos atlánticos da Serra do Xistral.

A exposición consta de 13 paneis que permiten ao visitante coñecer a biodiversidade da ZEC Serra do Xistral, e entender a importancia das turbeiras e brezais húmidos e do mantemento das actividades tradicionais para a súa conservación. Ademáis, pretende dar visibilidade á figura dos Montes Veciñais en Man Común e aos servizos ecosistémicos que a Serra do Xistral aporta á sociedade. Todo isto, acompañado do resumen das accións que se están desenvolvendo no proxecto Life in Common Land.

A exposición poderase visitar de luns a venres de 10:00h a 20:00h e os sábados de 10:00 h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.

Exit mobile version