O Sergas citará aos mozos remitíndolles un SMS, polo que dende o concello se solicita a todos aqueles que non teñen os datos actualizados que os actualicen canto antes.
Dende o goberno municipal pídese a máxima colaboración participando neste cribado que vai dirixido a este tramo de idade pois, canta máis xente participe, mellor para todos. As probas detectan sobre todo asintomáticos, evitando así que aumenten os casos.
Segundo os datos facilitados polo Sergas, a día de hoxe hai no noso municipio 96 casos, polo que unha vez máis, apelamos á responsabilidade social, para evitar a propagación do virus en beneficio de todos e todas.