Viveiro, 20 de xullo de 2021. O Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Viveiro, realizará este sábado, 24 de xullo, un cribado no municipio, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e que se levará a cabo no Pavillón Municipal.
O Sergas citará aos mozos remitíndolles un SMS, polo que dende o concello se solicita a todos aqueles que non teñen os datos actualizados que os actualicen canto antes.
Dende o goberno municipal pídese a máxima colaboración participando neste cribado que vai dirixido a este tramo de idade pois, canta máis xente participe, mellor para todos. As probas detectan sobre todo asintomáticos, evitando así que aumenten os casos.
Segundo os datos facilitados polo Sergas, a día de hoxe hai no noso municipio 96 casos, polo que unha vez máis, apelamos á responsabilidade social, para evitar a propagación do virus en beneficio de todos e todas.