Site icon Crónica3.com A Mariña

O Sergas realiza ata o sábado cribados a 3.400 persoas mozas de Ribadeo, Foz e Viveiro

Ribadeo, 23 de xullo de 2021. O Sergas citou a 3.400 mozos e mozas de Ribadeo, Foz e Viveiro para realizar un cribado de detección da covid-19 entre hoxe e mañá, co fin de detectar posibles casos da enfermidade en persoas asintomáticas e frear así os contaxios.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou esta tarde o desenvolvemento das probas no pavillón municipal de Ribadeo, onde avanzou que o Sergas programa cribados para a vindeira semana entre xente nova de Cervo e Burela, que actualmente tamén se atopan no nivel de risco alto pola incidencia do virus, así como na capital da provincia.

Arias fixo un chamamento á mocidade de entre 18 e 30 anos para que acudan de forma voluntaria a someterse á proba e lembrou que “controlar esta situación precisa da colaboración de todos, polo que debemos seguir actuando coa máxima cautela e respectando escrupulosamente as medidas sanitarias”.

O delegado puxo en valor unha vez máis o traballo dos profesionais sanitarios do Sergas e dos efectivos de emerxencias (Protección Civil, Cruz Vermella… ) que participan nestes cribados, que hoxe se desenvolven en Foz e Ribadeo e mañá sábado no pavillón municipal de Viveiro.

Exit mobile version