Nesta visita estivo acompañado polo seu homólogo da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Burela, Ignacio Andía, e a responsable da tenda Mimimó, polo que aproveitaron para entregar a tarxeta moedeiro gañada neste establecemento, asociado ao CCA, á afortunada gañadora na campaña da Federación Galega de Comercio, Díaz Azuis. A premiada cunha das tarxetas moedeiro de 150 euros que a entidade repartía nesta actividade é Mariam Espiño que a recibiu este xoves.
Esta iniciativa repartiu dez tarxetas moedeiro de 150 euros cada unha para gastar no comercio local, das cales unha caeu na localidade no establecemento asociado ao CCA Burela, en Mimimó. Este feito implica que os comercios burelenses terán un nova inxección económica grazas a esta campaña. Unha vez máis, mercar nos establecementos de proximidade ten premio.