Os residentes no lugar de As Pallaregas están fartos de ter que circular por estradas cheas de fochancas, con puntos nos que a calzada é moi estreita e con tramos nos que parece que o Concello se esquece de levar a cabo as labores de roza. Dado que o goberno municipal no atende ás demandas dos veciños, o grupo popular presentará no próximo pleno unha iniciativa para instar o amaño destas estradas.
Hai puntos, segundo explica Óscar Rodríguez, nos que a situación se volve aínda máis complicada. É o caso do lugar de A Casería. Neste punto acaba a estrada, pero non hai sinal que indique tal circunstancia. Debido a elo, son numerosos os condutores que teñen que manobrar para dar a volta, non sen certas dificultades. Nesta zona hai numerosas e grandes fochancas. Os veciños din que, polas circunstancias que queden indicadas, o camión de recollida do lixo non se acerca a este punto, e os residentes teñen que cargar un tramo considerable coas bolsas de residuos.
Rodríguez sinala: “O goberno municipal ten que escoitar aos veciños que sofren cada día o mal estado en que se atopan os accesos a As Pallaregas. Xa que non parece querer facelo, o grupo municipal popular presentará unha iniciativa no próximo pleno na liña das demandas dos veciños: que canto antes se proceda a reparación destas vías, se complete o traballo de roza da maleza das beiras e, se é posible, se ensanche a calzada nos puntos más estreitos. Estas vías das que falamos non son dignas do tempo en que vivimos tal como as ten o Concello presidido pola socialista Loureiro”.