Tito Suárez visitou as pistas de Ove, nas que, precisamente, se pode comprobar como é necesario a colocación dunha rede. O popular constatou, ademais, cos veciños da localidade que esta é unha demanda reiterada no tempo, xa que, apunta, “as persoas que viven cerca e as que transcorran pola zona poderían facelo máis seguros e tranquilos”.
Para integrantes da formación do PP ribadense este é exemplo máis “do abandono” no que ten o goberno local o municipio. Este mércores, Elena Sierra tamén denunciaba unha situación semellante a área recreativa do mesmo lugar, na que o mobiliario está totalmente roto e a maleza invade practicamente o espazo que abarca.
Por este motivo, dende o Grupo Municipal, que dirixe Daniel Vega, piden aos nacionalistas unha programación específica para acondicionar estes espazos públicos tan empregados polos ribadenses. Ademais, mantelos nesta situación “lamentable”, contribúe, di Suárez, “a dar una imaxe malísima do pobo aos visitantes que recibe Ribadeo nestas datas”.