Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela acusa ao BNG de “servilismo”

Burela, 31 de xullo de 2021. O Grupo Municipal Popular de Burela condena, unha vez máis, “o servilismo do BNG co goberno local do PSOE”. “O amancebamento do Sr. Llano e do Sr. Pillado xa superou todos os límites. Tal é así que, este último, xa se converteu no voceiro do alcalde anunciando publicamente a data do vindeiro pleno. Unha das poucas cousas que, por outra banda, tiña a ben facer ata o de agora o rexedor socialista”, afirman.

Os populares cren que, “independentemente do acordo servil que poda ter o BNG co PSOE en Burela, o nacionalista non lle debería de impedir facer un dos poucos traballos que ata agora o Sr. Llano se dignaba a facer, é dicir, o anuncio dos plenos”. De feito, “a súa convocatoria correspóndelle ao alcalde e non a outra persoa. Moito menos é responsabilidade dun dos membros da oposición que é onde o Sr. Pillado di estar”, insisten.

“Darse a ver”
A data do vindeiro pleno da corporación municipal foi revelada na presentación dunha iniciativa do BNG para a creación dunha ruta ciclista segura entre os concellos de Burela e Cervo na estrada provincial LU-P-1510. Os populares pregúntanse que pretende Pillado con este anuncio público e critican que recorra a esta “posta en escena para darse a ver” no caso de que xa coñeza o si do goberno bipartito na Deputación do que forma parte o BNG.

En caso contrario, dende o Grupo Municipal Popular convidan ao BNG “a poñerse a traballar” lembrándolle que “o BNG forma parte do goberno provincial do que depende esa estrada” e, polo tanto, “os seus compañeiros de partido xa podían ter proposto o proxecto para que a Deputación o tiver

Exit mobile version