Ourol, 10 de xullo, 2021. Este festival, que xa vai pola súa novena edición e que non puido celebrarse o ano pasado por mor da pandemia, contará cun intérprete de linguaxe de signos e está organizado pola Asociación Cultural Aturuxeiros. Nesta edición actuarán: Circo Chosco co seu espectáculo Fozu2, Ce Orquestra Pantasma, Tanxugueiras e Os D´ abaixo.
A cita musical terá unha zona de acampada gratuíta e a organización tamén ten previsto un servizo de transporte desde a estación de autobuses de Viveiro ata a parroquia ourolesa de Bravos. A achega da Deputación de Lugo axudará ao concello de Ourol a sufragar os gastos deste evento que terá un impacto positivo no sector hostaleiro, comercial e turístico de Ourol e da contorna.