O edil ribadense contou que “son traballos de fin de tempada e tamén específicos para o Emma Cuervo porque aínda que a tempada non empezará ata finais de agosto ou principios de setembro, non se sabe aínda a día de hoxe, pero temos dous partidos do Emma Cuervo, un feminino e outro masculino”.
Díaz Freije explicou que “son obras moi específicas de tratamento: hai que facer un pincheo para osixenar o campo e enchelo outra vez con area. Son uns traballos bastante custosos, de máis de 6.000 euros; é o que vai custar este mantemento extraordinario, aparte dos que leva ordinarios, durante todo o ano. É necesario facelo, é unha instalación que está moi ben e ten que ser coidada despois dese investimento que se fixo”.
O concelleiro de Deportes dirixiuse aos clubs que xogan nesa instalación: “pídolles aos clubs que coiden e que fagan por estas instalacións tan custosas, pero que están para desfrutalas”.