En Riotorto, xa temos o proxecto de urbanización do polígono industrial e todas as autorizacións sectoriais, solo falta sacalo a licitación polo importe de 402.000 euros, cousa que ten que facer a Deputación de Lugo.
As empresas locais de Riotorto e os veciños sentímonos discriminados polo ente provincial e polo seu Presidente, no que as inversións en parques industriais dependen da cor política de quen goberne no Concello. Fonsagrada SI, Riotorto NO.
Riotorto necesita un polígono industrial xa, as empresas locais demandan este tipo de infraestructura para conseguir emprego local e unhas parcelas industriais para o desenvolvemento económico do noso municipio.
Criticar tamén os concelleiros do Psoe no Concello que non queren que se faga en Riotorto o polígono industrial, e están a boicotear calquera inversión da Deputación neste municipio.
Non queremos e non vamos a permitir que a Deputación discrimine a un municipio pola súa cor política e advertímoslle que non vamos a permitir que existan cidadáns de primeira e de segunda. Faremos o que estea nas nosas mans para dispoñer de solo industrial en Riotorto para asentar e consolidar o noso tecido industrial.
CRÍTICA:
Desde o pasado 8 de Xaneiro estamos esperando a concesión dunha entrevista co Sr. Tomé para abordar este asunto, sin ter a data de hoxe unha data concreta.