Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios

Lugo, 27 de xullo, 2021. A alcaldesa de Lugo asinaba hoxe un convenio interadministrativo de colaboración co Concello de Foz polo que a administración local cede temporalmente á mariñá unha Auto – Bomba Rural Lixeira.

Un acordo polo cal, o vehículo – unha carroceta forestal – actualmente inoperativa, pasará a prestar servizo en labores de extinción e prevención de incendios no termo municipal de Foz.

Lara Méndez aproveitou a visita do rexedor Francisco Cajoto, para trasladarlle a súa vontade de cooperación en todo aquelo que dende o concello veciño poidan necesitar, “non só en base ás boas relacións que debemos manter con todas as institucións, senón tamén como mostra de responsabilidade coa que exercemos o noso labor político e no que priorizamos o aproveitamento dos recursos públicos en prol, sempre, da eficiencia económica dos organismos aos que representamos e servimos e do interese da cidadanía”.

Pola súa banda, Francisco Cajoto agradeceu a disposición do goberno local e a axilidade coa que se tramitou a transferencia, “unha dotación que será moi benvida e tamén de gran utilidade en Foz”, sinalou.

Exit mobile version