Contaremos co Gravity, un gran tobogán, único en Galicia e que se estrea na Mariña. Nel, mozos/as e maiores poden lanzarse e saltar pola súa impresionante rampa de 35 metros de altura.
Os/as máis pequenos/as, que non cheguen a 1,50m, poderán gozar do deslizador Selva, con dous tobogáns de 18 metros.
Estreará este pequeno parque acuático a rapazada do programa Aberto x Vacacións, o xoves pola mañá, e na xornada de tarde xa poderán inscribirse todas as persoas que o desexen. Será necesaria a inscrición previa, na mesma pista polideportiva, para as diferentes quendas de mañá e tarde. Os horarios nos que estará aberto serán: xoves, de 16h a 19h; venres, sábado e domingo, de 12h a 14h e de 16h a 20h.
En Foz, mollámonos, pero farémolo con moito sentidiño, para o que contaremos, como vén sendo habitual en todas as actividades que organizamos, cun protocolo de prevención da Covid19.
A concelleira de Xuventude e Deportes anima a participar, tanto a maiores como pequenas/os, neste divertido parque acuático, no que pasarémolo en grande, pero con xeito. É posible continuar realizando actividades, de forma segura.