Implementar como medidas para este verán:
1. Establecer un horario que permita o acceso dos animais ás praias despois das 21h e até as 10h, nos meses de verán. (Como por exemplo existe en San Román)
2. E establecer polo menos unha zona verde de esparcimento para cans, de maneira permanente ou con delimitación horaria.
Debido á urxencia de implementar as medidas deste punto xa que que estamos a finais de xullo, e que o bando non foi modificado nin se implementou ningunha das medidas aprobadas, o pasado 13 de xullo socilitábamos por rexistro:
“que se dera cumprimento no tempo máis inmediato posible ao aprobado no punto antes mencionado, implementando as medidas acordadas no pleno, a través da modificación do bando ou a través dos trámites que sexan precisos para elo.”
A día de hoxe non foi emitida respota e nada ten feito o equipo de goberno para atender esta petición da veciñanza polo que exiximos que se dea cumprimento na maior brevidade.