O rexedor focense e presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a todos a inmunizarse “para intentar acabar coa pandemia canto antes”. Pero tamén pide “responsabilidade e prudencia a veciños e visitantes pois debemos seguir cumprindo todas as medidas para evitar que aumenten os contaxios”.