Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas actividades socioculturais no Vicedo para esta semana

O mércores de natureza do verán, esta vez cunha ruta en kayak pola zona da praia da Abrela, Fuciño do Porco e Cova da Doncela. No caso de malas condicións marítimas a ruta trasladarase ao río Sor. O sábado 24 de xullo en conmemoración da romaxe vikinga, non celebrada debido á pandemia do Covid-19, terá lugar unha obra de títeres “Saga de Flin Harvardr: a verdade verdadeira de como os vikingos chegaron a San Román do Vicedo” a cargo da compañía Trécola. Para ambas actividades será necesaria inscripción previa no teléfono da Casa da Cultura 982 590 195.

Exit mobile version