A gandeiría barreirense Mantoño Holstein por 18ª ano consecutivo atópase no podio das mellores granxas cualificadas en segundolugar a tan só 0,01 centésimas do primeiro a sarriá Baixo Holstein. Con 89,19 puntos de media case rozando a excelencia que son 90 puntos.
Estas dúas granxas ocuparían tamén o primeiro e segundo lugar de todo o territorio nacional igualmente segundo as listas feitas publicas polas demais comunidades autónomas
Para chegar a estas altas cualificacións nas granxas é necesario unha gran xenética nos animais ademais de moi bo manexo, coidados e benestar animal tan importante a día de hoxe.
Xenética.
En Mantoño conviven a diario vacas descendentes de campioas mundialmente coñecidas cono Lavender Ruby Redrose Ex96 campioa de America en 2005 e 2007 e pola cal se chegou a pagar pola súa descendencia máis de 100.000$ por animal, de Jacobs Goldwyn Brittany Ex96 vaca de ano en Canadá en 2018 etc etc.…
Coidados e Benestar Animal.
En canto ao manexo e coidados é moi importante o benestar animal para chegar a facer tan altas puntuacións, animais sans, libres de problemas e de estrés para que produzan o mellor leite e evolucionen ben ao longo da súa vida, isto conséguese en Mantoño Holstein grazas unha atención ao detalle no día a día e a un cortello o máis parecido ao que se podería chamar un hotel 5* con camas de area que se renovan cada semana, ventilación controlada automaticamente, chans de goma etc etc.
A produción integra de leite de Gandería Mantoño destínase a queixos máis concretamente a Entrepinares o primeiro produtor de queixos de España.