O BNG de Viveiro recolleu máis de 100 sinaturas en apenas unha hora en contra da suba da luz e deste espolio. “Somos produtores de enerxía, temos os nosos montes ateigados de eólicos e seguimos sen recibir compensación algunha, é máis, somos os galegos e as galegas as que pagamos a factura da luz máis cara de todo o estado español”, indican xs nacionalistas viveirenses