Viveiro, 2 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro informa da aprobación definitiva de participantes admitidos no Campamento Urbano de Verán 2021, que dará comezo o vindeiro luns, 5 de xullo.
O concello abriu nesta semana un novo periodo para a presentación de solicitudes para participar nos campamentos, un procedemento que xa está rematado.
O decreto de aprobación do listado definitivos de admitidos pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica ou a través do seguinte enlace:
https://viveiro.sedelectronica.es/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/
A primeira quenda de participantes comezará o luns no pavillón do CEP Lois Tobío. O horario é de 08.30 a 14.00 horas, coa posibilidade de entrada ás 10.00 para as familias que así o desexen. A hora de saída será flexible dende as 13.00 ata as 14.00 horas.