Burela, 5 de xullo, 2021. Javi Rodríguez non formará parte do proxecto do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada tras a finalización de contrato o 30 de xuño.
Despois dunha década afastado de terras galegas, o ala canario regresou á Familia Laranxa en 2020-21 cunha dilatada experiencia nacional e internacional para remar no obxectivo da permanencia e contribuíndo coa súa desenvoltura.
Desde o Pescados Rubén Burela desexan á Xoia canaria o mellor dos futuros nos seus novos desafíos.