Burela, 12 de xullo, 2021. A ala-peche brasileira María Leidjane Marques de Oliveira, Jane, non formará parte do Pescados Rubén Burela FS en 2021-22 tras a fin do seu contrato o pasado mes.
A ata o de agora 11 burelista estreouse no fútbol sala español da man do club mariñán en 2019-20 ofrecendo unha excelente adaptación e regresou en xaneiro de 2021 como reforzo de inverno para as Guerreiras Laranxas no seu desafío coa historia para gañalo todo.
A entidade desexa a Jane moita sorte no seu próximo destino.